mércores, 27 de maio de 2015

KAMISHIBAI

Durante os últimos días estivemos debuxando as últimas láminas e pintando as que acabaramos de debuxar.
Agora estamos pensando como organizar a actuación para os rapaces pequenos.
Estivemos mirando como facer para poder ler o texto cando actuemos.
Hai que escribir na última lámina por detrás o texto que se corresponde coa  primeira lámina; na primeira lámina por detrás escribimos o texto da segunda, e así sucesivamente.

venres, 15 de maio de 2015

KAMISHIBAI DIA 7

Os alumnos de PDC estamos deseñando os debuxos de cada un dos parágrafos do conto para que a nosa representación sexa tanto visual como auditiva. Ata o momento lévanse nove debuxos da historia.

Houbo algunha lámina que nos deu algo de dificultade á hora de deseñala e pintala. Por exemplo: a do payaso malabarista.

Xa estamos na recta final da historia e dos debuxos para poder ser representados no kamishibai.

martes, 12 de maio de 2015

O PALLASO MALVADO

Payasos - GIFMANIA
Despois de varios días acabamos o conto "O pallaso malvado", que imos representar no Kamishibai.
Este é: 

Había unha vez un circo chamado Circus Máxico que percorría un montón de vilas e cidades levando o seu espectáculo a nenos e nenas de todas as idades.

No circo había un pallaso con pelo encarnado que quería actuar sempre en primeiro lugar. O pallaso chamábase Mariano e levaba no circo desde había tres anos, cando foi buscar traballo ao Circus Máxico. Ninguén sabía onde nacera, nin quen era a súa familia. En realidade, pouco se sabía do pallaso Mariano, porque el non era moi faladeiro e case sempre estaba só. O pallaso dicía que el tiña o espectáculo máis importante e divertido do circo, por iso debía de ser a estrela absoluta.

mércores, 6 de maio de 2015

DÍA 6

No día de hoxe (martes) finalmente acabamos o proceso que tíñamos en marcha: acoplamos a porta superior do kamishibai, pintamos uns pequenos detalles que nos quedaban por rematar.
Despois comezamos a crear a historia que representaremos.O noso tema a tratar será sobre o circo porque o kamishibai que nós fixemos tamén representa a carpa dun circo.
O comezo do noso conto é o seguinte:
Había unha vez un circo chamado Circus Máxico,que percorría un montón de vilas e cidades   levando o seu espectáculo a nenos e nenas de todas as idades.

No circo había un pallaso con pelo encarnado que quería actúar sempre en primeiro lugar. O pallaso chamábase Mariano e levaba no circo desde había tres anos, cando foi buscar traballo ao Circus Máxico. Ninguén sabía onde nacera, nin quen era a súa familia. En realidade, pouco se sabía do pallaso Mariano, porque el non era moi faladeiro e case sempre estaba só.O pallaso dicía que el tiña o espectáculo máis importante e divertido do circo, por iso debía de ser a estrela absoluta.

xoves, 30 de abril de 2015

KAMISHIBAI: DIA 5

No día de hoxe, primeiro fixemos as bisagras para aguantar as portas do kamishibai, con papel e celo, necesitábamos como mínimo seis bisagras. 
Despois pintamos as letras para as comportas, poñendo Kamishibai e Pdc, que é a nosa clase, en cor azul.

martes, 28 de abril de 2015

KAMISHIBAI: DIA 4


Brayhan e Ricardo seguen pintando as portas de branco, vermello e azul. Están empregando a pintura acrílica.

Martin e Fran siguen facendo listóns para reforzar o marco do kamishibai.
  
Carla estivo no ordenador buscando imaxes de animais do circo para adornar o kamishibai.


Mentres esperan a que se seque a pintura, van  empezar a facer a asa.

Caballetes de Pintor - GIFMANIA

luns, 27 de abril de 2015

KAMISHIBAI: DIA 3

No día de hoxe continuaremos co kamishibai.
A continuación imos pintar as pezas que xa temos previamente cortadas, unha vez seca a pintura procederemos a xuntar as pezas dándolle forma ao kamishibai.
Pegaremos as partes cunha ferramenta chamada pistola termofusible.
E pintarémolo das cores azul branco e vermello.

Imos imitar a carpa dun circo



venres, 24 de abril de 2015

Estivo unha hora buscando o calcetín vermello


Miña nai estivo onte buscado o meu  calcetín vermello por toda a casa. Preguntoume en onde o vira a última vez pero eu non recordo onde o deixei.
Ela puxo a casa patas arriba, percorreuna toda en busca do calcetín.
Cando chegou papá á noite  quedou sorprendido de como estaba a casa. El pegou un grito na entrada da porta ao ver aquilo así. Entón miña nai, que estaba no faiado, baixou correndo pensando que encontrara o calcetín, pero ao chegar xunto a el e ver que non o atopara púxose de mal humor e foi para arriba a seguir  buscando o calcetín.
Meu pai foi a xunto dela a preguntarlle que acontecera. Ela explicoulle que perdera un calcetín meu.

 Cando meu pai entrou na miña habitación e viu que o calcetín estaba encima da cama foi a xunto miña nai e díxolle que estaba encima da miña cama, e esta veu a ver se era verdade. Cando viron que estaba alí soltaron un respiro e empezon a recoller toda a casa. Meu pai recolleu a miña habitación e atopou un paquete que contiña 15 pares de calcetíns vermellos que eran de la.

Carla Míguez Conde

xoves, 23 de abril de 2015

KAMISHIBAI:DIA 2

No dia de hoxe Brayhan e Ricardo debuxaron as portas no cartón e Carla estalle axudando a cortar.
 E nós, Martín  e Fran, estamos a escribir o que pasa en cada dia.
Agora están cortando os listóns para facer o soporte:
Hai que cortar 28 listóns en total  de 62x5 Cm
Isto aínda lles vai levar bastante tempo.
Agora estivemos mirando en vídeos como facer a asa para transportar o kamishibai. 


Máscaras de Teatro: Comedia y Tragedia - GIFMANIA

mércores, 22 de abril de 2015

O KAMISHIBAI.DIA1

PASOS PARA FACER UN KAMISHIBAI
Un kamishibai é un teatro de papel

Primeiro buscamos un vídeo para aprender a facer un kamishibai.
Neste vídeo vese como se fai:
 https://www.youtube.com/watch?v=iuKGha4pD2I
Reutilizamos unha caixa de cartón que contíña mesas do colexio.
Fixemos medidas sobre o cartón para despois poder cortalo: 50 de longo, e 32,5 de ancho.


martes, 14 de abril de 2015

INSTRUCCIONES DE COMO PONER UNA GORRA PLANA

1- Primero,seleccionamos la gorra que queremos llevar puesta
2- Decidimos en que posición debemos colocar la gorra, hacia delante, atrás, para un lado o para otro (como los canis)
3- A continuación, una vez elegida la posición de como queremos deber llevar la gorra puesta, la ajustamos a la medida de la cabeza.
4- Una vez puesta la gorra, se decide introducir una oreja o dos, o ninguna, dependiendo de la personalidad.
5- Y finalmente, eliges la forma del pelo. Y sales a la calle siendo el amo.

 Martín González y con la gran compañía de Brayhan Vinasco

Instrucións para acender unha televisión

1- Primeiro, mire que a televisión estea enchufada e apagada.
2- Póñase diante da televisión mirando cara a ela.
3- Deseguido colla o mando.
4- A continuación comprobe se o mando ten pilas.
5- Aperte o botón vermello que está no lado superior dereito.
6- Por último, observe a televisión

Fran, Carla e Ricardo

televisores de tubo - GIFMANIA

luns, 13 de abril de 2015

Instrucións para subir unha escaleira

Escaleras - GIFMANIA

1.       Primeiro, póñase enfronte  dunhas escaleiras que teñan varios chanzos, cantos máis chanzos teñan máis tempo lle levará subila.
2.       Teña en conta que, normalmente, as escaleiras non se soben de lado nin cara atrás.
3.       Asegúrese de que as escaleiras levan a algunha parte. É absurdo que suba as escaleiras para ter que baixalas a continuación.
4.       A continuación, levante o pé dereito e póñao enriba do primeiro chanzo da escaleira.
5.       En caso de que sexa zurdo/a (e non destro), debería levantar antes o pé esquerdo.
6.       A seguir, levante o outro pé (o contrario do que levantou no punto 3.) e póuseo enriba do segundo  chanzo da escaleira, intentando gardar a verticalidade do resto do corpo.
7.       Por último, repita os pasos 3 a 5 tantas veces como faga falta, cos seguintes chanzos da escaleira, ata que chegue ao seu final.  


tipos de tortillas

A tortilla de patacas soe levar patacas picadas, ovo, cebola e un pouco de sal. Pero hai moita xente que lle bota máis cousas: pementos, chourizo, allo, perexil, carne picada… eu, por exemplo, bótolle pouca cebola porque non me gusta moito e ás veces bótolle carne picada. En realidade, eu nunca fixen unha tortilla de patacas pero estou seguro de que se un dia teño moita fame son capaz de poñerme a facer unha, e asegúrovos que no prato non quedaría ningún anaco de tortilla.


Ricardo Pérez

TORTILLA GALEGA

A miña nai gústalle a tortilla con moita cebola,asi que tenlle que botar máis ovo aínda, e mimadriña! Faina tan ben que lla pido amiúdo. Normalmente acompaño a tortilla con bistés. E tamén invitamos a familia e traen empanada,paella, churrasco… Veñen meus avós,tíos,e miña irmá que vive en Madrid. Nós somos galegos e en España os galegos estamos menosprezados pero bueno, non hai nada que facer. Que ao final, tanto falar e tanta parvada só quedou un anaco de tortilla.


Fran Méndez

SÓ QUEDABA UN ANACO DE TORTILLA

Miña nai quería facer unha tortilla, pero non sabía se lle gustaba a todos pero ela fíxoa igual. Deixouna a facer cando a chamou meu pai para dicirlle unha cousa, e eu e miña irmá quedamos mirando para a tortilla, porque case nunca fai unha. Sentámonos a esperar a que se fixera, unha vez feita puxémonos a comer, nuns vinte minutos veu meu sobriño e tamén comeu. Cando chegou meu pai quedaban dous cachos e cando chegou miña nai só quedaba un anaco de tortilla.
Martín González 

Unha historia con tortilla

Era unha vez un rapaz moi traste chamado Manolo. A Manolo gustáballe moito a súa nai. Entón decidiu que lle quería gastar unha broma e empezou a facer o plan. Súa nai tivo que ir ao supermercado a comprar, cando súa nai volveu do supermercado el xa tiña todo pensado. Ela foi facer a cea e el estaba axudándolle. De alí a un anaco empezaron a vir os invitados e xa se foron sentando á mesa, no prato só quedaba un anaco de tortilla.

Carla Míguez

....e no prato meu só quedou un anaco de tortilla.


Hoxe miña nai díxome que non sabía que facer de comer, e eu, como un bo fillo que son, díxenlle que fixera algo con patacas e ovos e unha ensaladilla polo medio para ir picando antes dese prato. Miña nai púxose a pensar e de súpeto veulle á cabeza que podía facer unha tortilla de patacas acompañada dunha rica ensaladilla rusa adobada con maionesa. Todo isto foi o único e último prato. Empezamos a devorar, e no prato meu só quedou un anaco de tortilla.

BRAYHAN VINASCO





venres, 10 de abril de 2015

...nos pratos só quedaban uns anacos de tortilla

O restaurante Maresol que plantaran había cinco anos a carón da praia, tiveran que pechalo aos poucos meses de abrir. Unha inspección de sanidade determinara que na cociña había cascudas e ratos, e nin sequera unha empresa de fumigación fora quen de acabar con eses noxentos bechos. 
Agora o chan estaba cuberto de rala, as mesas de po e algunhas arañeiras campaban como improvisadas randeeiras de moscas destemidas. A través das fiestras axexaban ás veces os nenos: nos pratos só quedaban uns anacos de tortilla.

AS LENTES

As lentes son un  obxecto, que é necesario para algunhas persoas que teñen problemas de visión e que serven  para corrixir os defectos de visión.
As lentes son pequenas, fáciles de manexar e moi cómodas. A parte de lentes están  as lentes de contacto que son lentes que se colocan sobre a capa lagrimal, substitúen as  lentes normais porque son máis apreciables esteticamente. Son moi cómodas pero teñen un estrito coidado e limpeza diario.   




Fran Méndez

xoves, 9 de abril de 2015

LOS MÓVILES

Los móviles son unos objetos de comunicación modernos que nos permiten comunicarnos con el mundo que nos rodea. Hay distintas formas de móviles  y distintas marcas como: Samsung, Lg, Iphone…

 En sus principios, los móviles eran grandes, anchos, pesados y muy voluminosos y disponían de teclado. Eran demasiado lentos y no contaban con la tecnología que hay hoy en día. En cambio, los móviles modernos son ligeros, grandes, sin teclado, muy estrechos y traen un sistema operativo que los hace funcionar rápidamente siendo muy eficaces y de grandes resultados. Hoy en día podemos encontrar un móvil de cualquier color, mismamente personalizarlos al gusto del comprador.
BRAYHAN VINASCO

O coche




Ricardo Pérez         

Un coche é un medio de transporte con rodas que funciona a base de combustible (derivados do petróleo, eléctricos e ata hibridos).  O primeiro coche foi creado por Karl Friedrich Benz en 1886. 

Os coches teñen unha lonxitude que abarca desde os 3´5m aos 6m e un peso de entre 1000kg e 3000kg. A súa altura oscila entre 1´2m e 2m, e o seu ancho tamén varía entre 1´5m e 2´3m. Actualmente o coche é o medio de transporte máis usado xa que existen distintas variantes.

O estoxo

O estoxo é un obxecto que serve para gardar cousas, por exemplo: bolígrafos, lapis, goma, etc. Poden medir desde 10 cm ata 30 cm, e poden ser de diferentes cores, por exemplo: negro, azul, rosa, etc. Ademais algúns teñen debuxos con distintos tamaños, por exemplo: a marca do estoxo, equipos de fútbol, personaxes de debuxos animados, etc. O máis normal é que teñan unha cremalleira para abrir e pechar o estoxo, e ademais para que non caian os obxectos que hai dentro. Están feitos de plástico ou tea, e poden ter distintos compartimentos para gardar outras cousas.


 Carla Míguez.

AS GORRAS PLANAS

Son obxectos que se poñen na cabeza para resgardala do sol, aínda que, en realidade, non son sempre  para o sol, porque a xente ponas para complementar coa vestimenta. 
Algunhas gorras poden engadir publicidade, como bebidas,marcas de coche,...
O tamaño é o xusto para a cabeza, e algunhas teñen unha abertura para facelas máis ou menos grandes. 

Martín González

As moedas

As moedas son obxectos que representan un valor nun lugar determinado. Normalmente, a súa forma é circular, aínda que tamén existen moedas cadradas. Algunhas, ademais, poden ter un burato no medio.As súas dimensións son moi variadas: por exemplo, unha moeda de 2€ mide 2,5 cm, a de 1€ mide 1,5cm e están feitas de distintos materiais: ouro, níquel, prata, laton.....
Coas moedas podemos adquirir produtos, servizos, bens...
Moitas moedas teñen debuxadas nas súas caras a figura dun rei ou outro personaxe famoso, dependendo do lugar onde se atope.

martes, 7 de abril de 2015

Somos o grupo de 3º de PDC de Catoira. Neste blog imos publicar os textos que  creamos na clase de ámbito lingüístico e social (ALS).