Durante os últimos días estivemos debuxando as últimas láminas e pintando as que acabaramos de debuxar.
Agora estamos pensando como organizar a actuación para os rapaces pequenos.
Estivemos mirando como facer para poder ler o texto cando actuemos.
Hai que escribir na última lámina por detrás o texto que se corresponde coa primeira lámina; na primeira lámina por detrás escribimos o texto da segunda, e así sucesivamente.


Ningún comentario:
Publicar un comentario