No día de hoxe (martes) finalmente acabamos o proceso que tíñamos en marcha: acoplamos a porta superior do kamishibai, pintamos uns pequenos detalles que nos quedaban por rematar.
Despois comezamos a crear a historia que representaremos.O noso tema a tratar será sobre o circo porque o kamishibai que nós fixemos tamén representa a carpa dun circo.
O comezo do noso conto é o seguinte:
Había unha vez un circo
chamado Circus Máxico,que percorría un montón de vilas e cidades levando o seu espectáculo a nenos e nenas de
todas as idades.
No circo había un pallaso
con pelo encarnado que quería actúar sempre en primeiro lugar. O pallaso
chamábase Mariano e levaba no circo desde había tres anos, cando foi buscar
traballo ao Circus Máxico. Ninguén sabía onde nacera, nin quen era a súa
familia. En realidade, pouco se sabía do pallaso Mariano, porque el non era moi
faladeiro e case sempre estaba só.O pallaso dicía que el tiña o espectáculo
máis importante e divertido do circo, por iso debía de ser a estrela absoluta.
Ningún comentario:
Publicar un comentario