Durante os últimos días estivemos debuxando as últimas láminas e pintando as que acabaramos de debuxar.
Agora estamos pensando como organizar a actuación para os rapaces pequenos.
Estivemos mirando como facer para poder ler o texto cando actuemos.
Hai que escribir na última lámina por detrás o texto que se corresponde coa primeira lámina; na primeira lámina por detrás escribimos o texto da segunda, e así sucesivamente.
PalabrasDeCatoiraPDC
textos que creamos nas clases de ámbito lingüístico
mércores, 27 de maio de 2015
venres, 15 de maio de 2015
KAMISHIBAI DIA 7
Os alumnos de PDC estamos deseñando os debuxos de cada un dos parágrafos do conto para que a nosa representación sexa tanto visual como auditiva. Ata o momento lévanse nove debuxos da historia.
Houbo algunha lámina que nos deu algo de dificultade á hora de deseñala e pintala. Por exemplo: a do payaso malabarista.
Xa estamos na recta final da historia e dos debuxos para poder ser representados no kamishibai.
Houbo algunha lámina que nos deu algo de dificultade á hora de deseñala e pintala. Por exemplo: a do payaso malabarista.
Xa estamos na recta final da historia e dos debuxos para poder ser representados no kamishibai.
martes, 12 de maio de 2015
O PALLASO MALVADO
Despois de varios días acabamos o conto "O pallaso malvado", que imos representar no Kamishibai.
Este é:
Había
unha vez un circo chamado Circus Máxico que percorría un montón de vilas e
cidades levando o seu espectáculo a nenos e nenas de todas as idades.
No
circo había un pallaso con pelo encarnado que quería actuar sempre en primeiro
lugar. O pallaso chamábase Mariano e levaba no circo desde había tres anos,
cando foi buscar traballo ao Circus Máxico. Ninguén sabía onde nacera, nin quen
era a súa familia. En realidade, pouco se sabía do pallaso Mariano, porque el non
era moi faladeiro e case sempre estaba só. O pallaso dicía que el tiña o
espectáculo máis importante e divertido do circo, por iso debía de ser a
estrela absoluta.
mércores, 6 de maio de 2015
DÍA 6
No día de hoxe (martes) finalmente acabamos o proceso que tíñamos en marcha: acoplamos a porta superior do kamishibai, pintamos uns pequenos detalles que nos quedaban por rematar.
Despois comezamos a crear a historia que representaremos.O noso tema a tratar será sobre o circo porque o kamishibai que nós fixemos tamén representa a carpa dun circo.
O comezo do noso conto é o seguinte:
No día de hoxe (martes) finalmente acabamos o proceso que tíñamos en marcha: acoplamos a porta superior do kamishibai, pintamos uns pequenos detalles que nos quedaban por rematar.
Despois comezamos a crear a historia que representaremos.O noso tema a tratar será sobre o circo porque o kamishibai que nós fixemos tamén representa a carpa dun circo.
O comezo do noso conto é o seguinte:
Había unha vez un circo
chamado Circus Máxico,que percorría un montón de vilas e cidades levando o seu espectáculo a nenos e nenas de
todas as idades.
No circo había un pallaso
con pelo encarnado que quería actúar sempre en primeiro lugar. O pallaso
chamábase Mariano e levaba no circo desde había tres anos, cando foi buscar
traballo ao Circus Máxico. Ninguén sabía onde nacera, nin quen era a súa
familia. En realidade, pouco se sabía do pallaso Mariano, porque el non era moi
faladeiro e case sempre estaba só.O pallaso dicía que el tiña o espectáculo
máis importante e divertido do circo, por iso debía de ser a estrela absoluta.
xoves, 30 de abril de 2015
KAMISHIBAI: DIA 5
martes, 28 de abril de 2015
KAMISHIBAI: DIA 4

Brayhan e Ricardo seguen pintando as portas de branco,
vermello e azul. Están empregando a pintura acrílica.
Martin e Fran siguen facendo listóns para reforzar o
marco do kamishibai.
Carla estivo no ordenador buscando imaxes de animais do circo
para adornar o kamishibai.
Mentres esperan a que se seque a pintura, van empezar a
facer a asa.

luns, 27 de abril de 2015
KAMISHIBAI: DIA 3
No día de hoxe continuaremos co kamishibai.
A continuación imos pintar as pezas que xa temos
previamente cortadas, unha vez seca a pintura procederemos a xuntar as pezas dándolle
forma ao kamishibai.
Pegaremos as partes cunha ferramenta chamada pistola
termofusible.
E pintarémolo das cores azul branco e vermello.
Imos imitar a carpa dun circo
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)





